InicioDeportesViveiro locirá a Camovi este xoves na Casa de Galicia de Madrid

Viveiro locirá a Camovi este xoves na Casa de Galicia de Madrid

O trail, que se converteu nunha referencia estatal nas carreiras de montaña, cumprirá o 27 de abril a súa novena edición

Publicada o

- Advertisement -

Este xoves celebrarase na Casa de Galicia de Madrid, a sede da Xunta de Galicia na capital española, a presentación da Carreira de Montaña Montes de Viveiro (Camovi), un acto organizado polo Concello de Viveiro.

A Camovi é unha competición de trail que cumprirá a súa novena edición o 27 de abril, e que se consolidou nestes nove anos como un dos eventos deportivos máis importantes do panorama estatal para os amantes deste deporte.

A proba foi pioneira e segue a incorporar novidades. Este ano existe a posibilidade de participar nas seguintes categorías: C42k (percorrido con distancia de maratón, 42 quilómetros), C21K, C10K, C45K relevos, para nenos (Camovi Kids) e andaina.

A Camovi destaca polas súas paisaxes, polo que se define como “puro monte galego”.

Na presentación participarán o director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o deputado provincial de goberno interior e relacións institucionais, Álvaro Santos Ramos, e dous membros da organización da carreira, entre eles o director técnico, Pedro Esmorís, que realizará un repaso pola historia da carreira.

MOSTRA DOS RECURSOS TURÍSTICOS

Durante a presentación proxectaranse produccións audiovisuais sobre a carreira e os principais recursos turísticos de Viveiro. Ao finalizar ofrecerase un brunch con produtos gastronómicos representativos de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...