Adrián Ben arrasa nos premios do atletismo galego

O corredor viveirense foi elixido atleta do ano tanto na categoría sub 23 como na absoluta

Ana Peleteiro e Adrián Ben. AXM

Adrián Ben foi elixido atleta do ano en Galicia, tanto na categoría sub 23 como absoluta, na décimo segunda edición da Gala do Atletismo Galego, que se celebrou este venres na Estrada.

O corredor viveirense recibiu así recoñecemento ao seu espléndido 2018, no que debutou nun Europeo absoluto, o de Berlín, sendo ademais o único representante do combinado español, e no que se colgou o bronce nos 1.500 metros do campionato de España.

A atleta de Ribeira Ana Peleteiro foi, ao igual que Ben, a gañadora nos premios de mellor atleta sub 23 e absoluta.

OUTROS PREMIADOS

As premiacións ás traxectorias deportivas recaerían en Dolores Tasende, Ramón Magariños e Suso Silva.

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra resultou o mellor club; Agustín González “Tinín”, o de mellor adestrador; Esther Pedrosa e José Vicente Rioseco, os mellores atletas máster; Nerea Iglesias e Hugo García levaron os galardóns aos deportistas revelación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here