Cervo acollerá a 300 piragüistas no Galego infantil de K1 e C1

O encoro de Río Covo será o vindeiro sábado a sede do campionato, que xuntará a 30 clubs

Presentación do Galego infantil de piragüismo. AXM

O encoro de Río Covo será o sábado a sede do Campionato Galego Infantil de Piragüismo nas categorías K1 e C1.

A cita, que prevé reunir a máis de 300 palistas de 30 clubs da comunidade, comezará ás 11.00 horas. Tanto o Concello como o Club Deportivo San Ciprián convidan a presenciar o evento nunhas instalacións que empregaba para adestrar o medallista olímpico David Cal.

O alcalde, Alfonso Villares, o edil de deportes, José Ramón Soto, a directiva do Club Deportivo San Ciprián, Cristina Barreira, e o responsable da sección de piragüismo, Iván González, participaron na presentación do campionato xunto a varios adestradores e rapaces que integran este departamento.

RETORNO “IMPORTANTE”

Levamos moitos meses traballando man a man co Club Deportivo San Ciprián e coa súa sección de piragüismo para poder traer esta regata a Cervo, e cremos que o retorno será importante pola gran cantidade de xente, de familias, que move”, explicou Villares.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here