InicioDeportesCase 900 deportistas participarán no Memorial Heroes do Orzán

Case 900 deportistas participarán no Memorial Heroes do Orzán

O torneo de fútbol sala, que se celebrará en varias sedes da Mariña do 26 ao 30 de xuño, honra a tres policías falecidos nun rescate en 2012, entre eles o burelao Rodrigo Maseda Lozano

Publicada o

- Advertisement -

Preto de 900 rapaces de 30 clubs e 70 equipos participarán na oitava edición do campionato de fútbol sala base Memorial Heroes do Orzán, que se celebrará na Mariña Lucense do 26 ao 30 de xuño.

Foz, Burela, San Cibrao, Xove e Viveiro acollerán a deportistas das catro provincias galegas e tamén doutros equipos procedentes de Asturias, Madrid, Castela León e Castela a Mancha, nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

O responsable da área de deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, presentou o torneo co presidente da Fundación Indecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña), Marcelino Luna, e familiares do burelao Rodrigo Maseda Lozano, un dos tres policías aos que rende homenaxe este torneo, así como con representantes dos concellos nos que se celebrará o Memorial.

Maseda, xunto a José Antonio Villamor (Friol) e Javier López López (A Coruña) faleceron en acto de servizo en 2012 nas augas do Orzán mentres tentaban rescatar un rapaz checo que tamén morreu no suceso.

TRIPLO PROPÓSITO

Rivera Capón remarcou “o triplo propósito deste torneo, pois ao tempo que lembramos aos tres policías falecidos, impulsamos o deporte base na comarca da Mariña Lucense, un motor de integración e avance social. En terceiro lugar, dinamizamos a nivel turístico a comarca, pois miles de persoas achegaranse ata a nosa costa durante catro días activando a súa economía”, subliñou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...