InicioDeportesCoñece os horarios da Copa da Raíña, que depara un Burela-Alicante para...

Coñece os horarios da Copa da Raíña, que depara un Burela-Alicante para pechar os cuartos de final

Alcorcón-Roldán, Ourense-Poio e Atlético-Esplugues son as restantes eliminatorias, que se xogarán o venres, mentres que as semifinais serán o sábado e a final o domingo

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF enfrontarase ao Universidad de Alicante na última quenda de cuartos de final da Copa da Raíña de fútbol sala, que se xogará en Vista Alegre do 14 ao 16 de xuño. A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) deu a coñecer este mércores os horarios da competición.

O equipo burelao, segundo clasificado na Liga Foro 16 Feminismo, medirase ao conxunto alicantino o venres, a partir das 20.30 horas. Ambos competiron en Vista Alegre na penúltima xornada de Liga, con triunfo local cun hat trick de Bea Mateos

Abrirán a antepenúltima rolda, na quenda matinal, Alcorcón e Jimbée Roldán, desde as 12.30 horas. A partir das catro da tarde xogarase o derbi galego entre Ourense Envialia e Poio Pescamar, mentres que o vixente campión da competición ligueira, o Futsi Atlético Navalcarnero, e o equipo revelación, o Penya Esplugues, dirimirán un posto nas semifinais nun encontro previsto para as 18.15.

SEMIFINAIS

No tocante ás semifinais, o gañador do Burela-Alicante atoparíase co vencedor do Ourense-Poio, a partir das 20.00 horas do sábado. Antes, desde as 17.45, o equipo que saia vitorioso do enfrontamento Futsi-Esplugues e o que quede da eliminatoria Alcorcón-Roldán xogaranse un billete para a final.

FINAL

O partido decisivo do torneo está previsto para o domingo, ás 17.00 horas. O Concello de Burela agarda que ao remate da final a raíña Letizia entregue o trofeo ao campión, como forma de proxectar a imaxe do municipio a nivel estatal e tamén de promocionar o fútbol sala, un deporte que se converteu no estandarte deportivo da Mariña Lucense.

BUSCA XOGADORAS PARA A BASE

O Pescados Rubén Burela busca xogadoras para a súa base. Haberá adestramentos o 4 e o 5 de xullo nas categorías alevín, infantil, cadete e sénior. Podes consultar información e anotarte no seguinte enlace

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...