InicioDeportesAdrián Ben, ouro no campionato de España sub-23 de 1.500

Adrián Ben, ouro no campionato de España sub-23 de 1.500

O atleta viveirense acadou un triunfo que lle permitirá competir no Europeo de Gavle

Publicada o

- Advertisement -

Adrián Ben proclamouse campión de España sub-23 na proba de 1.500 metros lisos do campionato estatal de atletismo disputado en Tarragona.

Nunha proba lenta, con marcas moi por debaixo das habituais das mellores promesas españolas, o corredor de Viveiro parou o cronómetro en catro minutos, un segundo e 21 centésimas.

Ben, que correu para o FC Barcelona, impúxose na recta final a Ignacio Fontes, do Playas de Castellón, que completou o percorido en 4:01.52.

A medalla de bronce foi para Enrique Herreros Roig, tamén do cadro barcelonés, que rematou a proba cun tempo de catro minutos, un segundo e 67 centésimas.

A VINDEIRA CITA, DO 11 AO 14 DE XULLO

A vitoria serviulle ao atleta viveirense para clasificarse para o Europeo de Gavle, en Suecia, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...