InicioDeportesO Pescados Rubén FSF comeza a tempada cunha vitoria no derbi ante...

O Pescados Rubén FSF comeza a tempada cunha vitoria no derbi ante o Poio

O conxunto mariñao obtén o primeiro triunfo do curso ante os seus seareiros con goles de Lara (dobre penalti), Andrea en propia portería, Jenny Santos e Peque

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF comezou firme a tempada na Primeira División, cunha vitoria no derbi galego da primeira xornada, que o enfrontou ao Poio Pescamar (4-1).

Despois de gañar dous títulos, a Supercopa de España e maila Four Nations Cup Winner’s, en apenas unha semana, o conxunto laranxa estreouse con bo pé nun partido con miga, no que chegou ao descanso cunha renda de 2-0 e na segunda parte pasou por momentos de debilidade ante un Poio renovado e combativo, pero finalmente acadou os merecidos primeiros tres puntos do curso 2019-2020.

A porteira internacional do conxunto pontevedrés, Silvia Aguete, foi a protagonista dun primeiro tempo no que o Poio cargouse axiña de faltas e o Burela FSF dispuxo de dous dobre penaltis. No primeiro deles, no minuto 7, Lara Balseiro puxo en vantaxe ao cadro burelao.

Antes, a gardameta desbaratara unha ocasión de Ale de Paz, que ao igual que Jenny Lores xogaba contra o seu anterior equipo. No minuto 13 chegou o 2-0, obra de Andrea Feijóo en propia portería. De aí ao intermedio, Silvia mantivo ao seu equipo no encontro, con paradas a pés da propia Ale e de Peque. Tamén se fixo grande no segundo dobre penalti que desfrutou o Pescados Rubén FSF. Á segunda ocasión, Lara topouse co pau.

DIFICULTADES TRALO DESCANSO

Tralo paso polos vestiarios, o Poio quitouse de enriba o dominio do cadro alranxa e Dani Sousa avisou ante Jozi. Antía Pérez acadou o 2-1 no minuto 24. Foron momentos de incomodidade para o Burela FSF e ocasións nas dúas áreas; Jane enviou un balón ao poste, pero Ana Rivera tivo o empate en dous contragolpes.

Julio Delgado e máis Lucas tiraron do xogo de cinco con Bea Mateos de porteira-xogadora, a fin de controlar o partido. Jenny Santos conseguiu ampliar a renda no ecuador do segundo acto. Foi nunha xogada de estratexia, despois de recibir no segundo pau o saque de falta de Cilene. O Poio contraatacou con Irene García rozando a portería.

Con seis minutos por diante, Raúl Jiménez apostou tamén polo xogo de cinco. O Burela FSF soubo defenderse e aproveitou un despiste visitante para redondear o marcador por medio de Peque.

SEGUNDA XORNADA

Na vindeira xornada de Liga, o equipo mariñao realizará a primeira visita da tempada, desprazándose á pista do Móstoles.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...