InicioDeportesO Pescados Rubén FS cae na pista de Osasuna Magna e deberá...

O Pescados Rubén FS cae na pista de Osasuna Magna e deberá esperar para puntuar en Primeira

O cadro burelao perde (3-1) en Pamplona, unha das prazas máis complicadas da máxima categoría, e segue coa conta a cero tras dúas xornadas

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS tampouco puido sumar á súa segunda tentativa no regreso á Primeira División, ao caer nunha das pistas máis complicadas da máxima categoría, a do Magna Gurpea Navarra (3-1).

O conxunto laranxa encaixou axiña o 1-0, no minuto 6. Logo dunha gran intervención de Edu ante o internacional Rafa Usín, Juninho adiantou aos locais, que tiveron o 2-0 pouco despois nas botas de Mancuso, que rematou ao longueiro.

Co paso dos minutos, os discípulos de Juanma Marrube foron atopándose máis cómodos no encontro e Renato deu o primeiro aviso do conxunto laranxa. Ao cuarto de hora, Matamoros acadou o empate nunha xogada de estratexia.

Tralo empate, o técnico alfocego optou polo xogo de cinco con Álex Diz como porteiro-xogador. Luisma tivo o 1-2 nun remate que despexou Asier co pé. Deste xeito, co 1-1 no luminoso chegouse ao descanso.

IGUALDADE AO DESCANSO

O encontro retomouse en Anaitasuna cunha ocasión para o local Roberto Martil, que topou co poste da portería de Edu. Matamoros probou de novo a capacidade de Asier e Eric Martel comprobou as cualidades do gardameta naronés do Burela FS.

Á media hora do encontro, unha xogada de estratexia puxo en vantaxe ao conxunto navarro. Foi Mancuso quen asinou o 2-1. De aí ao final, o conxunto burelao envorcouse sobre a meta local e tivo ocasións por medio de Juanfran e Renato, que non atoparon portería.

Do posible empate pasouse ao 3-1, cando segundos despois da oportunidade do canteirán burelao Mancuso acadou o seu segundo tanto da noite. O equipo de Juanma tentouno co porteiro-xogador e esixiu a Asier noutras dúas ocasións, pero non conseguiu reducir diferenzas no electrónico.

O LEVANTE VISITARÁ VISTA ALEGRE

A vindeira fin de semana, o Pescados Rubén Burela FS tentará obter os primeiros puntos da tempada na casa. Recibirá en Vista Alegre ao Levante.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...