Revés para o Burela FS: Iago Míguez sofre a rotura dos ligamentos cruzado anterior e colateral medial

O xogador burelao, lesionado tamén nos meniscos, perderase o que resta de tempada

Iago Míguez recibe a entrada de Raúl Jiménez na xogada na que se lesionou. AXM

Segundo anunciou o Pescados Rubén Burela FS, as probas médicas realizadas a Iago Míguez no seu xeonllo confirmaron a peor das novas. O á burelao, que regresou a pasada tempada ao conxunto no que medrou para ser parte fundamental do regreso á Primeira División, padece unha rotura dos ligamentos cruzado anterior e colateral medial, ademais de ambos os meniscos.

O xogador viuse obrigado a retirarse do parque de Vista Alegre o pasado venres, no encontro que enfrontou a Levante e Burela FS. Ocorreu no minuto 15, cando padeceu un choque co meta visitante, Raúl Jiménez, na disputa dun balón dividido.

A OPERACIÓN PROGRAMARASE NAS VINDEIRAS SEMANAS

O club laranxa explicou que programará “nas vindeiras semanas” o paso polo quirófano do seu canteirán. Trala intervención, os servizos médicos da entidade marcarán o protocolo de recuperación e rehabilitación.

Malia que por agora non se estima un prazo de recuperación, é case seguro que o xogador do conxunto laranxa non volverá xogar na presente tempada, dado que este tipo de lesións require de varios meses de curación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here