InicioDeportesCatro de catro triunfos para o Burela FSF, que sae vitorioso do...

Catro de catro triunfos para o Burela FSF, que sae vitorioso do derbi nas Burgas

Peque e Dany, ambas con dous tantos, lideraron ao conxunto laranxa en Ourense

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF cumpriu sen erro na cuarta xornada para manter o pleno de vitorias na Primeira División. O conxunto que adestran Julio Delgado e máis Lucas levou o derbi galego cun 1-5 na pista do Cidade das Burgas.

Tras a vantaxe inicial de 0-2 das Guerreiras Laranxas, as ourensás puideron achegarse sobre o descanso. Na segunda parte, co xogo de cinco, as mariñás atoparon no marcador o reflexo merecido ao seu dominio, control e superioridade.

Jane estreou o luminoso no minuto 6, ao aproveitar unha tentativa de Dany. Antes Luci puxera a proba a rede ourensá desde saque de esquina. Peque, por partida dobre, Ale de Paz e a propia pivote hispano-brasileira dispuxeron de grandes ocasións para ampliar as distancias.

Con todo, non foi ata o minuto 13 cando chegou o segundo das laranxas nun bo entendemento entre Ale e Dany, en contragolpe. A falta de 37 segundos para a conclusión do primeiro acto, o Cidade das Burgas reduciu a vantaxe do equipo da Mariña Lucense cun tanto de Amelia, tras saque de banda.

Á volta dos vestiarios, o cadro burelao optou por pechar ao seu rival co xogo de cinco, con Bea Mateos de porteira-xogadora desde o minuto 27.

Así, ao borde da media hora, Peque selou o 1-3, tras recibir de Cilene. A falta de catro minutos para a bucina final, a número 7 dos laranxas volveu facer acto de presenza na finalización tras unha incursión de Ale de Paz que Jenny Lores cedeulle á á madrileña para sentenciar. Dany anotou o 1-5 definitivo no minuto 39, en colaboración con Jane.

O LEGANÉS, VINDEIRO RIVAL

O equipo laranxa comanda a clasificación co Atlético Futsi Navalcarnero, que gañou en Poio (1-2). Na quinta xornada, o Pescados Rubén Burela FSF recibirá ao Leganés.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...