A pivote Cris, unha nova internacional para o Burela FSF

A nova xogadora do Pescados Rubén procede do UCAM Murcia, co que anotou 21 goles o pasado curso

Cris. CEDIDA

O Pescados Rubén Burela anunciou a contratación por unha tempada da pivote Cristina Pérez Gil, ‘Cris‘ (Las Torres de Cotillas-Murcia, 1992), procedente do UCAM El Pozo Murcia. Trátase da terceira incorporación que o club fai oficial, logo das fichaxes de Peque e Luci; as tres son habituais das convocatorias da selección española.

Tras iniciarse no fútbol sala no equipo da súa localidade natal, Cris medrou no club murciano, no que militou cinco tempadas na Segunda División e as dúas últimas en Primeira. Na pasada campaña deu un salto de calidade e foi unha das xogadoras máis destacadas da máxima categoría. Anotou 21 goles, once máis ca no curso 2016-2017, que a colocaron na oitava posición da clasificación das mellores realizadoras.

ALTERNATIVA A DANY

Cris ofrecerá así ao corpo técnico burelés alternativas e descansos de calidade para Dany. As dúas pivotes conforman polo momento o bloque xunto ás porteiras Ana Romero e Jozi; as peches Cami e Cilene; e as ás Bea Mateos, Jenny, Lara, Peque e Luci

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here