O Pescados Rubén sofre de novo a dureza de Primeira tras unha boa primeira metade ante o Valdepeñas

Despois de gozar dun disparo ao poste e dun man a man para adiantarse no marcador, o equipo mariñao perde fuelle no segundo tempo ao encaixar dous goles case consecutivos

Renato encara a un xogador do Valdepeñas. AXM

O Pescados Rubén Burela FS perdeu fronte ao Valdepeñas (1-4) e segue a padecer a dureza da Primeira División. O cadro burelao continúa cun único punto no seu haber logo de ceder ante o conxunto visitante na segunda metade.

O 1-2, obra de Buitre no minuto 26, fixo dano aos discípulos de Juanma Marrube, que encaixaron o 1-3 no 28. O campión do mundo con Brasil Rafael Rato, cun disparo lonxano, acabou coas posibilidades nos locais despois de 25 minutos dunha boa posta en escena.

O conxunto laranxa encaixou axiña o primeiro revés, no minuto 2, cando Juanma adiantou ao cadro de Cidade Real. Malia estar necesitado de puntos e poñerse tan rápido en desvantaxe, o equipo da Mariña Lucense non se descompuxo e completou unha boa primeira metade, con ocasións para Renato e Juanfran e Joselito.

Non atinou o á andaluz, pero si o fixo Luisma, pasado o primeiro cuarto de partido, logo dunha xogada de Pope. Os locais dedicaron o tanto ao seu compañeiro Iago Míguez, lesionado de gravidade.

O gol deu máis ás ao conxunto local, que tivo outra boa oportunidade por medio de Álex Diz, que topou co poste. Ao cuarto de hora, Matamoros gozou dun man a man ante Edu. O descanso chegou cun 1-1 que semellaba pouco premio para o bo rendemento do Pescados Rubén Burela FS.

No segundo tempo, o 1-2 e o 1-3, case consecutivos, marcaron o duelo. Vargas tivo o 2-3 pero acto seguido o ex do cadro laranxa Chino consumou o 1-4. Os de Juanma tentaron limar diferenzas con porteiro-xogador, pero non houbo acerto.

EL POZO, VINDEIRO RIVAL

O cadro burelao desprazarase na seguinte xornada á pista de El Pozo Murcia, un dos grandes da máxima categoría.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here