A selección española de fútbol sala xogará en Burela contra Xapón

A actual campiona de Europa medirase ao combinado nipón nun amigable que se celebrará en Vista Alegre o 11 de decembro

Peque e Luci, campionas de Europa con España. AXM

A selección española feminina de fútbol sala, actual campiona de Europa, xogará contra Xapón en Burela o vindeiro 11 de decembro.

O combinado que dirixe Clàudia Pons xa ten pechados dous novos compromisos internacionais. O primeiro deles será o 10 de decembro, en Marín, tamén contra a selección nipona.

Xa o mércores 11, o duelo hispano-nipón trasladarase ata a provincia de Lugo. A pista de Vista Alegre, en Burela, acollerá o segundo dos enfrontamentos.

GAÑADORAS DA PRIMEIRA EUROCOPA

Dúas xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF, Peque e Luci, participaron coa selección española o pasado mes de febreiro na primeira Eurocopa oficial da historia do fútbol sala feminino. España alzouse co título tras impoñerse na final a Portugal.

CATRO XOGADORAS DO BURELA, CITADAS POR CLAUDIA PONS

O conxunto laranxa podería ter unha ampla representación no combinado estatal en Vista Alegre. Pons citou a catro xogadoras do Pescados Rubén FSF -Peque, a gardameta Ana Romero, Ale de Paz e Jenny Lores– para amigables ante Eslovenia do 3 ao 7 de novembro.

Tanto Romero como Ale de Paz estrearanse coa selección absoluta nesta convocatoria.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here