Adry Ben cólgase o bronce no Campionato de España de 1.500

O atleta viveirense quedou a dúas centésimas da prata nunha proba que gañou Jesús Gómez

Adry Ben. PÁXINA WEB DE ADRIÁN BEN

O atleta viveirense Adry Ben, do FC Barcelona, colgouse este domingo a medalla de bronce na proba de 1.500 metros lisos do Campionato de España de atletismo absoluto, que se celebrou en Xetafe.

Con aínda 19 anos -cumprirá os 20 no mes de agosto-, o corredor mariñao demostrou que ten un oco na elite española do atletismo. Só quedou por detrás do dominador da carreira, Jesús Gómez, que levou o ouro cun tempo de 3:38.67, e de Adel Mechaal

O burgalés, pertencente ao Nike Running, derrotou ao integrante do New Balance, que partía como favorito e que parou o cronómetro en 3:39:98. Cun gran final, Ben estivo a piques de superar ao atleta hispano-marroquí, pois cubriu a distancia en 3:40.00, a dúas centésimas da medalla de prata.

EUROPEO

Agora, a participación do viveirense no Campionato de Europa de Berlín queda nas mans dos técnicos da Federación Española de Atletismo. Coa marca mínima no peto desde xuño, Adry aumentou as súas posibilidades de estar no Europeo co seu magnífico papel en Xetafe.  

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here