InicioDeportes(VÍDEO) Renato colleita o recoñecemento do fútbol sala polo seu acto de...

(VÍDEO) Renato colleita o recoñecemento do fútbol sala polo seu acto de deportividade no derbi fronte ao Parrulo

O canteirán do Burela FS quedou só ante o porteiro local tras recuperar a pelota cunha falta a Rumbo que non pitaron os árbitros; preferiu tirar o balón fóra que anotar o 1-1

Publicada o

- Advertisement -

O canteirán do Pescados Rubén Burela FS Renato acumulou eloxios ao longo desta fin de semana pola deportividade amosada durante o encontro que enfrontou ao cadro laranxa co Parrulo Ferrol.

A 50 segundos do descanso, con 1-0 a prol do equipo local, o xogador do Burela FS roubo un balón en zona alta ao xogador do Parrulo Rumbo, nunha loita polo esférico na que o futbolista do cadro ferrolán quedou mancado. Pareceu haber falta de Renato, pero os colexiados non o interpretaron así.

 

 

Renato quedou só fronte ao porteiro do conxunto ferrolán, Illi, nunha ocasión inmellorable para empatar o encontro. Pero o futbolista do Burela FS decidiu tirar o balón fóra. O Parrulo anotaría o 2-0 á volta do descanso.

 

HONRADEZ MALIA AS DIFICULTADES CLASIFICATORIAS

O acto de deportividade de Renato ten dobre valor se cabe ante a necesidade de puntos do equipo laranxa, que ocupa a última praza da clasificación na Primeira División.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...