InicioDeportesO Burela FSF móstrase solvente na pista do Universidad de Alicante

O Burela FSF móstrase solvente na pista do Universidad de Alicante

Luci, Peque, Jenny Santos e Jane marcaron os goles do cadro laranxa na vitoria a domicilio

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF gañou na pista dun dos clásicos da Primeira División, o Universidad de Alicante (1-4), e segue na pelexa por acadar a primeira praza na máxima categoría á fin da Liga regular, un liderado que mantén o Atlético Futsi Navalcarnero despois de golear ao Alcorcón no derbi madrileño (4-0).

Despois da dolorosa derrota en Vista Alegre no partido fronte ao líder, encaixando dous goles no último minuto e medio do encontro, as discípulas de Julio Delgado e máis Lucas reaccionaron con carácter e mostraron solvencia a domicilio para levar os tres puntos do feudo do sexto clasificado.

O conxunto mariñao chegou ao descanso cunha vantaxe dun gol, despois de que Carmen equilibrase o tanto de Luci e Peque puxese do novo ao cadro laranxa por diante no electrónico. Jenny Santos e Jane sentenciaron o encontro tralo descanso.

O UCAM MURCIA, SEGUINTE RIVAL

Na vindeira xornada, o Pescados Rubén Burela FSF, que segue a cinco puntos do Futsi, recibirá ao UCAM Murcia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...