A selección española sub-17 chama de novo a Jorge Quelle, do Burela FS

O xogador do equipo laranxa desprazarase a Serbia entre o 19 e o 23 de xaneiro coa expedición do combinado estatal

Jorge Quelle. AXM

O xuvenil do Pescados Rubén Burela FS Jorge Quelle recibiu esta este venres un novo chamamento da Selección Española.

O xogador do equipo burelao, que a pasada semana xa entrou na convocatoria do primeiro equipo da man de Juanma Marrube e volverá facelo este sábado fronte ao Osasuna Magna, forma parte da lista da vermella Sub-17 para os compromisos programados en Zrenjamin (Serbia), entre o 19 e o 23 de xaneiro.

Quelle xa foi chamado polo combinado estatal a principios deste ano, cando se converteu no cuarto internacional en catro anos -tras Pitero, Luismi e Nito, campión de Europa sub-19– da base do equipo da Mariña Lucense. Daquela, a promesa da entidade laranxa participou en dous amigables contra Portugal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here