A sorte dálle as costas ao Burela FS tras someter ao Osasuna Magna

O Pescados Rubén encaixa o 2-2 nos últimos segundos, cun tanto en propia portería, despois de remontar ante un dos mellores equipos da Primeira División

Pope presiona a Juninho. PESCADOS RUBÉN BURELA

A sorte deulle as costas ao Pescados Rubén Burela FS, que acadou un punto (2-2) ante o Osuna Magna que sabe a pouco, pois os discípulos de Juanma Marrube tiveron o encontro baixo control e encaixaron o segundo tanto no último minuto, obra ademais dun xogador do cadro laranxa, Álex Diz, na súa propia portería.

O propio Álex Diz, Matamoros e Pope, que se topou co poste, tiveron as mellores oportunidades no inicio do partido para o Pescados Rubén, aínda que o porteiro polaco Kaluza, que relevaba a Edu na portería, tamén demostrou a súa categoría ante Juninho e Rafa Usín.

Foi o conxunto navarro o que deu primeiro, por medio de Dani Sandise, que aproveitou un pase de Juninho para acadar o 0-1. Puido ser unha lousa demasiado grande para un equipo que está a sufrir para sumar e é o pechacancelas da Primeira División, pero o Pescados Rubén reaccionou con carácter. A un minuto do descanso, dous tantos case consecutivos de Matamoros, a pase de Kaluza, e Lucho deron vantaxe aos da Mariña Lucense.

KALUZA, SEGURO ATRÁS E CONSTRUTOR DO ATAQUE

No segundo acto houbo ocasións para as dúas partes, cun Kaluza soberbio que se mostrou seguro -a pés de Juninho e Mancuso– e que ademais foi un construtor efectivo dos ataques dos burelaos, con pases en logo precisos, como un que recolleu Matamoros para habilitar a Joselito, que se encontrou cun gran Asier.

A dinámica do partido non estaba a gustar ao entrenador visitante, Imanol Arregi, que optou polo porteiro xogador a falta de seis minutos para o final. Os navarros atoparon un botín inesperado nos últimos segundos e rabuñaron un empate que frustrou ao cadro local despois dunha excelente actuación.

O LEVANTE, VINDEIRO RIVAL

O Pescados Rubén Burela FS medirase a vindeira fin de semana ao Levante, a domicilio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here