InicioDeportesO Burela FS cóase entre os oito mellores dunha Copa do Rei...

O Burela FS cóase entre os oito mellores dunha Copa do Rei chea de sorpresas

O Pescados Rubén goleou ao Parrulo (7-1) no debut de Quelle e Renato Rodrigues e avanza nunha competición da que quedaron eliminados Inter Movistar e ElPozo Murcia

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O FS Talavera, de Segunda División, eliminou este martes ao Inter Movistar, campión en 2015, en oitavos de final da Copa do Rei de fútbol sala ao gañarlle por 3-0 mentres que o Jimbee Cartagena logrou o seu billete para cuartos tras deixar na cuneta no derbi rexional a ElPozo Murcia, ao que derrotou por 3-2.

Ademais, pasaron á seguinte rolda o Industrias Santa Coloma, que goleou ao Osasuna Magna (9-2), o Betis tras superar ao BeSoccer CD UMA Antequera (3-2) e o Pescados Rubén Burela, que se desfixo do Parrulo no duelo entre equipos galegos por un contundente 7-1. Matamoros, Luisma, Álex Diz (2), Pope (2) e Renato marcaron os tantos dos locais, mentres que o canteirán do cadro laranxa Hélder anotou o gol do cadro ferrolán. Debutaron os xuvenís Jorge Quelle, recén convocado coa selección española sub-17, e Renato Rodrigues.

A eliminatoria de oitavos de final completarase este mércores cos partidos Atlético MengíbarJaén Paraíso Interior, FS PeñíscolaLevante e Hospitalet BellsportFC Barcelona.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...