InicioDeportesO Burela FS buscará a sorpresa ante o Barcelona nos cuartos de...

O Burela FS buscará a sorpresa ante o Barcelona nos cuartos de final da Copa do Rei

O Pescados Rubén deberá gañar no Palau para acceder á fase final da competición

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS medirase ao FC Barcelona nos cuartos de final da Copa do Rei, despois de desfacerse do Parrulo Ferrol na eliminatoria de oitavos de final.

Ao cadro da Mariña Lucense tocoulle no sorteo o rival probablemente máis complicado dos restantes sete aspirantes, logo de que Inter Movistar e ElPozo Murcia fosen eliminados da competición. Pasar de rolda dá acceso á fase final do torneo, na que competirán polo títulos os catro mellores.

Os discípulos de Juanma Marrube visitarán ao equipo catalán no Palau Blaugrana o 12 de febreiro. As outras eliminatorias de cuartos de final son as seguintes: TalaveraSanta Coloma, BetisPeñíscola, JaénJimbée Cartagena.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...