InicioDeportesO Burela FSF defenderá o título na Final Four da Copa Raíña

O Burela FSF defenderá o título na Final Four da Copa Raíña

O Pescados Rubén derrota ao Leganés a domicilio con goles de Cilene e Jane

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF meteuse na Final Four da Copa Raíña, trofeo do que é o vixente campión. O cadro burelao gañouse a dereito a defender o título e estará entre os catro mellores da competición tras desfacerse nos cuartos de final do Leganés (1-2), nunha eliminatoria a partido único que o equipo da Mariña Lucense disputou a domicilio.

Cilene adiantou no minuto 6 ás discípulas de Julio Delgado e máis Lucas cun tanto de penalti, sinalado por man dunha xogadora local.

O Leganés mantívose no encontro e acadou o empate a falta de catro minutos para o desenlace. O tanto deu ás ao cadro local e puido meterse en problemas o Burela FSF, que soubo reaccionar cun rápido tanto de Jane que serviu para certificar o billete para as semifinais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...