InicioDeportesO Burela FS cae coa cabeza alta na Copa do Rei tras...

O Burela FS cae coa cabeza alta na Copa do Rei tras rozar a proeza no Palau

O poderoso Barcelona apea nos penaltis ao Pescados Rubén da Final Four da competición

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS quedou eliminado nos cuartos de final da Copa do Rei despois de esixir o máximo ao poderoso FC Barcelona, que malia xogarse a eliminatoria -a partido único- na súa pista, só foi quen de descabalgar da loita polo título aos da Mariña Lucense na quenda de penaltis.

Os discípulos de Juanma Marrube adiantáronse axiña, por medio de Matamoros, no minuto 3. O cadro burelao padeceu a reacción dos locais e Edu desbaratou oportunidades de Sergio Lozano e Daniel. O técnico alfocego optou polo xogo de cinco para controlar a un rival con grandes individualidades e obtivo resultado ata o cuarto de hora, cando Marcenio logrou o empate.

Á volta dos vestiarios, o Barça estivo a piques de liquidar a eliminatoria con dous tantos case consecutivos, nos minutos 25 e 26, de Sergio Lozano e Ximbinha. Antes de que se cumprise a media hora de xogo, Xande anotou o 3-2 e meteu de novo no encontro ao equipo burelao. Pouco despois, Matamoros acadaba a segunda diana da súa conta particular e equilibraba a contenda, que continuaría na prórroga.

Nos penaltis, un único erro de Renato condenou aos de Juanma Marrube, que quedaron fóra da Final Four da competición despois de rozar a sopresa no Palau Blaugrana.

O SÁBADO VOLVE A LIGA A BURELA, CONTRA EL POZO

O Pescados Rubén Burela FS recibirá a El Pozo Murcia o vindeiro sábado (18.30 horas, Vista Alegre) nun partido crucial para alcanzar a permanencia na Primeira División.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...