San Cibrao convida a desfrutar do surf o sábado co aberto MacGuiver

O Limosa Club organiza a décimo primeira edición do evento, que ofrece a posibilidade de participar en tres modalidades diferentes e dúas categorías por idade

Presentación do evento. AXM

O Limosa Club de San Cibrao convida a desfrutar do surf o vindeiro sábado, cando celebrará na praia de Lieiro a décimo primeira edición do open McGuiver. O campionato xunta cada ano a aspirantes e seguidores de diferentes puntos da xeografía española. 

O evento conta coa colaboración do Concello de Cervo. O alcalde, o popular Alfonso Villares, e a edil Dolores García Caramés participaron con directivos do Limosa Club na presentación do aberto.

MODALIDADES E CATEGORÍAS

O Limosa Club ofrece a posibilidade de competir en varias modalidades e categorías. Haberá competicións de surf adulto e júnior, de bodyboard e de longboard. A organización disporá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada proba.

INSCRICIÓNS

As persoas que desexen participar deberán presentarse no areal de Limosa a primeira hora da mañá, posto que a organización pechará a inscrición para o campionato ás 9.30 horas.

O prezo da inscrición será de cinco euros para os participantes da categoría júnior, e de dez para as probas de adultos. O custo inclúe a degustación de lacón, empanadas e bebidas para todos os participantes.

HORARIOS

O campionato comezará ás 10.00 horas, cun descanso para comer ás 13.30. Os participantes volverán á auga ás 14.30, coa entrega de premios prevista para as 20.00 horas

CONCERTO

Ao final do campionato, sobre as 20.30 horas, a festa continuará co concerto de Chris Masuak, guitarrista australiano afincado na Mariña e ex de Radio Birdman, que tocará con The Viveiro Wave Riders

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here