Juanma comandará a nave do Burela FS por cuarta tempada consecutiva

O adestrador alfocego conta por agora con nove xogadores confirmados, que seguen do pasado curso: Edu, Matamoros, Lucho, Iago Míguez, Álex Diz, Renato, Pitero, Eto'o e Kaluza

O presidente do Pescados Rubén, Manuel Blanco, e Marrube, á dereita. AXM

O Pescados Rubén Burela FS anunciou este mércores a renovación do contrato do técnico alfocego Juanma Marrube.

O adestrador afrontará a súa cuarta tempada consecutiva á fronte do equipo lucense, co que logrou o ascenso a Primeira División en 2019.

“Será o cuarto ano mantendo unha cultura moi definida de traballo e de xogador. Estou moi contento por esta nova oportunidade dun proxecto continuista”, explicou en declaracións que facilitou o club.

O equipo laranxa afrontará baixo as súas ordes a súa segunda tempada consecutiva na élite do fútbol sala nacional.

No persoal conta con Edu, Matamoros, Lucho, Iago Míguez, Álex Diz, Renato, Pitero, Eto’o e Kaluza.

A LIGA COMEZARÁ O 5 DE SETEMBRO

O inicio da competición en Primeira División será o 5 de setembro. A Liga regular na máxima categoría rematará o 15 de maio de 2021, e o play off polo título disputarase entre o 3 e o 3 de xuño. A Copa de España disputarase entre o 25 e o 28 de marzo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here