InicioDeportesJavi Rodríguez volve ao Pescados Rubén FS unha década despois

Javi Rodríguez volve ao Pescados Rubén FS unha década despois

O á canario, que militou no xuvenil e no primeiro equipo do Burela, regresa tras unha dilatada traxectoria profesional en Primeira e Segunda e tamén en Italia, Rusia ou Kuwait

Publicada o

- Advertisement -

Despois dunha década, o Pescados Rubén Burela FS volverá contar co á Javi Rodríguez (La Gomera, 1989). O xogador canario regresa á que foi a súa casa en etapa xuvenil e Segunda División, procedente do Al Salmiya de Kuwait e cunha dilatada experiencia nacional e internacional.

Levante UD, Catgas Energía, Uruguay Tenerife e Manacor, ademais de Napoli e Dina de Moscú, enriqueceron a Rodríguez lonxe da Mariña: “Madurei moito deportiva e persoalmente, coa experiencia de once anos en Primeira e catro en Segunda; sempre traballei para aprender ao máximo cada tempada. Agora comezo unha nova etapa, con Juanma como adestrador, quen foi un exemplo de profesionalidade e coidoume moito sendo o capitán do equipo”, remarca.

O novo 7 do cadro laranxa lembrou que “teño moitos amigos na Mariña: Christian Chao, Revilla, Manu, David Mariña… moitos antigos compañeiros, moi bos recordos, pero o mellor sen dúbida é o de chegar a Burela e a resposta inmediata da xente é o seu trato, como un máis da vila. A imaxe máis triste foi cando perdemos o playoff de ascenso a Primeira contra Puertollano; nunca vin chorar tanto a un vestiario. Eramos unha piña”, salienta.

Rodríguez, terceira incorporación para 2020-21 xunto aos galegos Diego Quintela e David Pazos, recala en Burela para “loitar por facer algo bonito esta tempada co club que me deu a oportunidade de saír de Canarias sendo un neno, a miña segunda casa, onde conseguín ser campión de España con Galicia, e onde me sentín querido sempre que pisei Vista Alegre”, confou, sinalando a Iago Míguez, co que compartiu vestiario en Catgas, como un dos responsables da súa volta de laranxa, “nun club que xa coñecín como do mellor en estrutura de base en Galicia”.

DOCE XOGADORES

O Burela FS conta así para o vindeiro curso con EduMatamorosLuchoIago MíguezÁlex DizRenatoPiteroEto’o e Kaluza, que continúan, e tres fichaxes confirmadas, as de Pazos, Quintela e Rodríguez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...