InicioDeportesO Pescados Rubén descose ao campión en tres minutos máxicos

O Pescados Rubén descose ao campión en tres minutos máxicos

O cadro lucense anota tres goles seguidos despois do 0-1 e acada a primeira vitoria do curso ante o filial de El Pozo Murcia

Publicada o

- Advertisement -

Pescados Rubén Burela FS acadou a súa primeira vitoria do curso na Segunda División, logo de dous empates nas dúas primeiras xornadas. O primeiro triunfo dos discípulos de Juanma Marrube outorga prestixio ao conxunto pola contundencia do resultado (4-1) e pola entidade do rival, o filial de El Pozo, vixente campión de Liga.

A vitoria cobra aínda máis valor porque o Burela FS foi capaz de superar unha situación adversa tralo temperán 0-1 do conxunto murciano. No minuto 7, Cobarro puxo por diante aos visitantes, pero a reacción dos locais non se fixo esperar.

Acto seguido, Renato empatou o encontro e no minuto 9 Pope deu a primeira vantaxe aos bureleses, que xa non soltarían o mando do encontro. Matamoros puxo máis terra de por medio no marcador antes de cumprirse o primeiro cuarto do encontro.

SEGUNDO TEMPO SEN HISTORIA

Na segunda metade, Renato disipou calquera atisbo de dúbida ao anotar axiña o 4-1, no minuto 24. De aí ao remate, El Pozo Ciudad de Murcia tentouno con xogo de cinco pero non foi quen de inquietar a Edu.

VINDEIRO RIVAL

Na vindeira xornada, o Pescados Rubén visitará o sábado (Ciutat de Castelló, 17.30) a un Bisontes Castellón ferido tras encaixar unha dura derrota (4-0) na pista do Betis.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...