Cilene ofrecerá ao Burela FSF calidade e experiencia na súa quinta tempada de laranxa

A peche internacional brasileira xa finalizou o confinamento domiciliario dende a súa chegada do Brasil e incorpórase aos adestramentos

Cilene, co título de Liga. CEDIDA

A internacional brasileira Cilene Pereira Paranhos cumprirá a súa quinta tempada no Pescados Rubén Burela FSF. A peche seguirá ofrecendo a súa calidade, criterio e experiencia ao proxecto das ‘Guerreiras Laranxas‘. A 6 burelista, que xa finalizou o confinamento domiciliario dende a súa chegada do Brasil, non agochou as súas ganas por volver sentir a emoción da competición nunha tempada na que as actuais campioas de Supercopa, Copa e Liga volverán pelexar sen límites por novos éxitos.

TEMPADA ATÍPICA POLA COVID-19

“Estou preparada para todo, con moitas ganas de comezar, para poder gozar e facer gozar á xente tamén. O noso obxectivo é manter os títulos que gañamos a tempada pasada, traballar cada día para mellorar e seguir buscando evolución, aos poucos”, afirmou. “Estamos a vivir un momento no que temos que coidarnos, pensar sobre todo
na saúde. Este ano imos vivir algo diferente, estamos afeitas a xogar con
afección, pero sei que podemos sentir moi preto aos nosos afeccionados, aínda
que esteamos lonxe. A nosa bancada sempre sabe como apoiarnos” reflexionou Cilene coa mirada posta xa no mes de outubro para dar punto de partida á Liga.

14 XOGADORAS

A brasileira reafirma o gran bloque de continuidade con Bea Mateos, Dany,
Lara Balseiro, Ale de Paz, Jenny e Cristina, ademais de Jozi, Peque e Cami, e
as chegadas da porteira Sandra Buzón, a universal Elena Aragón, a á-peche
Leti M. Cortés e a á Cely. Así o Pescados Rubén Burela FSF prepara a nova
tempada con 14 xogadoras ás ordes de Julio Delgado e Lucas, ademais da
meta de Comarcal A Fervenza FSF, Lucía Paz.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here