InicioDeportesO futsal volverá seis meses despois a Vista Alegre cun Burela-Palma; o...

O futsal volverá seis meses despois a Vista Alegre cun Burela-Palma; o inicio da Liga será o 3 de outubro

O encontro do venres, ao que poderá acudir un máximo de 300 espectadores, será o primeiro amigable de pretempada; as 'Guerreiras' comezarán a competición dúas semanas despois

Publicada o

- Advertisement -

O fútbol sala volverá á Mariña Lucense seis meses despois. O Pescados Rubén Burela FS comezará o venres os partidos de pretempada cun encontro fronte ao potente Palma Futsal (20.00 horas), con aforamento reducido en Vista Alegre. Un máximo de 300 espectadores poderán desfrutar do espectáculo, que servirá para preparar a campaña na Primeira División. Este luns aprobouse a data de inicio do curso, que será o 3-4 de outubro, mentres que na Liga feminina, as ‘Guerreiras‘ arrincarán na fin de semana do 17-18 de outubro.

O último partido ao calor da afección dos discípulos de Juanma Marrube foi o pasado 4 de marzo, ante o Cartagena. A tempada foi suspendida días despois pola pandemia.

A entidade laranxa habilitará a venda de entradas anticipada entre mañá, martes 15 de setembro, e o venres (14.00 horas) na sede do club por orde de demanda e ata completar o aforo permitido. O custo do billete será de dez euros para os socios da tempada 2019-2020, e de 15 para os non asociados. O horario será o seguinte:

Martes, mércores e xoves 10-00-14.00 // 16.00-19.00 horas

Venres 10.00-14.00 horas

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...