O Osasuna Magna, de Primeira, será o rival do Burela FS na Copa do Rei masculina

A eliminatoria, a partido único, disputarase en Vista Alegre

Iago Míguez encarando a un rival

O CA Osasuna Magna será o vindeiro rival do Pescados Rubén Burela FS na Copa do Rei de fútbol sala masculino.

O equipo mariñao, que ven de eliminar ao AD Prone Lugo (0-6), terá que medirse en dezaseisavos a un conxunto de Primeira División. Os rioxanos ocupan a decimocuarta praza na clasificación con só un punto nas catro xornadas disputadas.

A eliminatoria, a partido único, disputarase en Vista Alegre entre o 23 e o 24 de outubro.

XORNADA LIGUEIRA

Os equipos laranxas preparan os partidos de liga deste sábado. O conxunto feminino desprazarase á pista do Móstoles FSF, sen Bea Mateos, Cami e Peque, baixa de última hora. Julio Delgado e Lucas si que poderán contar coa última incorporación, Tais Alves, para o encontro, que se disputará ás 18:30.

A mesma hora, o equipo masculino recibiráen Vista Alegre ao Dimurol Tenerife, que chegará a Burela como colista.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here