InicioDeportesO Burela FS golea e chega invicto ao duelo contra o Betis

O Burela FS golea e chega invicto ao duelo contra o Betis

O cadro laranxa bateu ao pechacancelas, o Tenerife, nun partido que dominou de principio a fin

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela acadou a terceira vitoria consecutiva. Fíxoo cunha goleada ao pechacancelas da Segunda División, o Tenerife (5-0).

O conxunto burelao suma así once puntos, un menos ca o líder, o Talavera. O equipo mariñao durmiu así na segunda praza da clasificación, á espera do que faga o Betis -que ten dez tantos- este domingo no seu desprazamento a Santiago.

LUCHO, POR PARTIDA DOBRE

Lucho, que anotou por partida dobre, abriu o marcador no minuto 4, o que facilitou as cousas ao cadro que adestra Juanma Marrube. O peche lucense marcou o 2-0 xusto antes do descanso.

No segundo tempo, Juanfran acadou axiña o 3-0 -o segundo tanto nas mesmas xornadas- e os xogadores novos completaron o triunfo: o canteirán Pitero e Porto ampliaron a renda.

VINDEIRA XORNADA

Na vindeira xornada, o cadro burelao afrontará un test de esixencia. Visitará ao Betis (sábado, 19.00, Amate), o equipo que o apeou na pasada campaña na loita polo ascenso.

Un rival que, con xogadores como Cidao, Tobe, Burrito ou Rubén Cornejo, semella chamado a loitar un ano máis por promocionar de categoría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...