O Pescados Rubén FSF durme líder en solitario tras gañar en Móstoles

O cadro burelao estivo firme malia as baixas e a última fichaxe, Tais Alves, debutou cun tanto (2-4)

Equipo do Pescados Rubén en Villafontana. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF durmiu como líder en solitario da Liga 16 Foro Feminismo despois de solventar o seu desprazamento, condicionado polas baixas de Bea, Cami e Peque, á pista do Móstoles (2-4).

Tras gañar os tres primeiros encontros, o cadro burelao ten dous puntos de renda sobre os grandes favoritos, Jimbée Roldán -vixente campión de Liga- e o Atlético Navalcarnero –gañador da Copa-. O Penya Esplugues, de gañar este domingo en Zaragoza, é o único equipo que pode dar alcance ás discípulas de Julio Delgado e Lucas.

Despois de que Cilene adiantara ás visitantes a dous minutos do descanso e a veterana internacional española Patri Chamorro empatase o encontro á volta dos vestiarios, unha gran reacción ao 1-1 deu vantaxe ao Burela FSF.

Cris volveu marcar, no minuto 23, e a recente fichaxe do cadro mariñao, Alves, anotou o 1-3 pouco despois. No 32 chegou o 1-4, obra de Celia en propia porta. O conxunto local tentouno con xogo de cinco, pero só puido reducir diferenzas nos últimos segundos.

VINDEIRA XORNADA

O vindeiro sábado, o Burela FSF recibirá ao Guadalcacín, pechacancelas da categoría. O cadro andaluz necesita sumar tras tres derrotas consecutivas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here