O Pescados Rubén FSF máis coral segue líder tras golear ao pechacancelas

Ata seis xogadoras marcaron na vitoria do cadro laranxa contra o Guadalcacín en Vista Alegre

As xogadoras do Burela FSF celebran o 1-0, obra de Jenny. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF segue a contar os seus partidos por vitorias na Liga 16 Foro Feminismo tras desfacerse con claridade (6-0) do pechacancelas da máxima categoría, o Guadalcacín.

O conxunto burelés segue á fronte da clasificación, empatado a doce puntos cun Penya Esplugues que padeceu para dobregar ao Móstoles (5-4).

O equipo laranxa non tardou en abrir o marcador. No minuto 5, Jenny aproveitou un roubo de balón das locais para poñer o 1-0 no marcador.

Sen embargo, o conxunto que adestran Julio Delgado e Lucas si tivo que agardar para encarrilar o encontro, pois Dany marcou o 2-0 a 7 segundos do descanso. A pivote brasileira acumula tres tantos na competición.

O 2-0 acabou coa resistencia do cadro andaluz e na segunda metade chegaron catro tantos. Luci, Lara, Cris e Tais Alves -é o segundo gol da recente fichaxe noutros tantos partidos- sumáronse á festa do Burela FSF máis coral.

AGARDA O ROLDÁN

O Burela FSF afrontará na vindeira xornada un reto de altura. Desprazarase á pista do vixente campión, o Jimbée Roldán.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here