Pitero e Matamoros desequilibran o derbi de Santiago e o Pescados Rubén afianza o liderado

O canteirán anotou dous goles chave e o pivote madrileño un hat trick para un Burela que saca tres puntos ao seguinte rival polo ascenso

Pope disputa o balón cos composteláns Lucas e Santi. LOLA MARTÍN

O Pescados Rubén segue á fronte da Segunda División despois de levar os tres puntos da pista do Santiago Futsal no derbi galego disputado en Compostela (3-9).

O cadro que adestra Juanma Marrube fica invicto -o único da táboa- trala sétima xornada da competición, que resultou propicia.

O Soliss Talavera caeu fronte ao filial de El Pozo Murcia (2-5) e o Betis perdeu (2-1) na cancha do Manzanares, polo que os bureleses amplían a súa renda a tres puntos sobre o seguinte candidato ao ascenso, o Mengíbar. Ocupa a segunda praza o cadro murciano, sen posibilidade de ascenso.

Os visitantes gobernaron o marcador desde o minuto 6, cun tanto de Porto, e xa non soltaron o mando do encontro. Luisma aumentou a diferenza no electrónico, pero o cadro mariñao encaixou o 1-2 e pasou dificultades ao acumular cinco faltas.

Dous goles case consecutivos ao borde do descanso, obra de Pitero, foron chaves, e Matamoros aínda sumaría o quinto xusto antes do intermedio.

SEGUNDO TEMPO

No segundo tempo, o Santiago chegou a poñerse 3-5, pero a vitoria non perigou grazas a Matamoros, que anotou ao pouco o 3-6.

Porto e Luisma, de novo, e Matamoros, que completou un hat trick, completaron a goleada dun Burela que non pasou apuros nin cando volveu a cargarse de faltas.

VINDEIRA XORNADA

Na vindeira xornada, o Burela FS recibirá ao Manzanares, que vén de dar unha das sorpresas da sétima rolda ao superar ao Betis.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here