Unha mala posta en escena cústalle os puntos ao Burela FS fronte ao Antequera

O Pescados Rubén perdía por 0-3 no minuto 9 ante o equipo andaluz e malia os seus esforzos por achegarse no marcador nunca estivo preto de igualar o encontro (4-7)

Javi Rodríguez encara a Álvarito, do UMA Antequera. PESCADOS RUBÉN BURELA

O Pescados Rubén Burela FS non puido refacerse dun mal inicio e sucumbiu ante a eficacia do Besoccer CD UMA Antequera (4-7), que soubo aproveitar o seu bo arranque, con 0-3 xa no minuto 9, e despois aguantar as arremetidas e avalanchas locais ata o descanso. Os de Juanma Marrube loitaron ata a extenuación aínda que reaccionaron tarde; puideron abrir o electrónico no minuto 27, con todo, con cada poutada atoparon a mesma resposta dos visitantes.

Viviu Antequera un inicio rodado. O cadro local aproveitou, aos 47 segundos, unha xogada de estratexia en saque de banda para adiantarse por medio de Álex Fuentes. Presionaron os andaluces volveron dar no cravo para poñer distancias no marcador, entre o minuto 8 e 9, con Javi Amorós na caza dun pase longo a Pitero e de novo en transición, desta volta finalizada por Miguel Conde.

Dispuxo da máis perigosa oportunidade o Pescdos Rubén Burela rozando o ecuador da primeira parte, cunha picada de Quintela que neutralizou Miguel. O asedio, o perigo e as ocasións mariñás intensificáronse co salto ao parqué de Matamoros. Os discípulos de Juanma Marrube dispuxeron dun goteo incesante de chegadas envelenadas merecendo marcar alomenos algún gol. No 14, o ex dos burelistas, Vargas, evitou a estrea no luminoso, cunha conexión de Iago Míguez a Javi Rodríguez; poucos segundos despois ao da Gomera fóiselle moi alta e a grande asistencia de Matamoros escapóuselle a Iago. A maxia do 10 galego non atopou resposta ao segundo pau no 16. E dous minutos máis tarde, a fortuna tampouco se aliou con Quintela na liña de meta.

O 0-4 NO MINUTO 21, UN REVÉS DEFINITIVO

Vista Alegre non puido evitar que se repetise o guión no regreso, cun premio excesivo para os intereses visitantes, aos 54 segundos, nun desaxuste defensivo burelista. Javi Rodríguez protagonizou a primeira grande ocasión nunha saída desde pista laranxa cunha gran secuencia de caneos, no 23. Tentouno cun mísil Pazos máis tarde, pero foi precisamente Antequera o que aproveitou nese momento á contra, con Vargas. Non deixou de tentalo Pescados Rubén e por fin chegou a recompensa, máis que merecida, no 27, con Matamoros empurrando sobre a liña de meta a chegada pola banda de Iago Míguez. Responderon os de Málaga co 1-6 á contra; con todo, Álex Diz volveu recortar diferenzas, en menos dun minuto.

Javi Rodríguez enfundouse na camiseta de porteiro xogador para subir o terceiro, con Matamoros; restaban aínda case once minutos de xogo. Álex Diz substituíu máis tarde no liderado do xogo a Javi Rodríguez. Volveu perdoar o Pescados Rubén, con Matamoros e Renato por arriba, e máis tarde Quintela, para unha nova aparición do acerto rival, con Joaki. Javi Rodríguez, tocando en Miguel, deu a última poutada, co 4-7 final, no 38.

FICHA TÉCNICA

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Lucho, David Pazos, Álex Diz, Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Javi Rodríguez, Renato, Pitero, Iago Míguez, Matamoros.

Besoccer CD UMA Antequera: Conejo, Fernando Torres, Miguel Conde, Álex Fuentes, Cobarro, cinco inicial; tamén xogaron Javi Amorós, Ramón Vargas, Alvarito, Raúl Canto, Óscar, Joaki.

Goles: 0-1, minuto 1, Álex Fuentes; 0-2, minuto 8, Javi Amorós; 0-3, minuto 9, Miguel Conde; 0-4, minuto 21, Joaki; 0-5, minuto 24, Ramón Vargas; 1-5, minuto 27, Matamoros; 1-6, minuto 27, Óscar; 2-6, minuto 28, Álex Diz; 3-6, minuto 29, Matamoros; 3-7, minuto 37, Joaki; 4-7, minuto 38, Javi Rodríguez.

Árbitros: Felipe Madorrán // Urdánoz Apezteguía. Por Burela amarela para Lucho (minuto 11), David Pazos (minuto 29). Por Antequera amarillla para Javi Amorós (minuto 18).

O MARTES 15, COPA DO REI

O conxunto mariñao regresará á pista xa o martes, con oitavos de Copa do Rei, na pista do titánico Barcelona (13.30 horas, Barça TV).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here