InicioDeportesJulio Delgado: "a Copa da Raíña serve para pechar unha tempada excepcional"

Julio Delgado: “a Copa da Raíña serve para pechar unha tempada excepcional”

Elena Aragón admite que co erro no primeiro lanzamento de dobre penalti "veñen as imaxes á cabeza", pero á segunda anotou un tanto que deu un título ao Pescados Rubén Burela FSF

Publicada o

- Advertisement -

O adestrador do Pescados Rubén Burela FSF, Julio Delgado, mostrouse feliz pola vitoria deste domingo en Málaga na final da Copa da Raíña e destacou que o éxito ante o Poio Pescamar (1-0) serve para pechar un “excepcional” tempada 2019-20 co cuarto título, logo da Copa de Nacións, a Supercopa e a Liga.

“Felicito ás miñas xogadoras polo traballo realizado durante estes días, que foi espectacular coa vitoria na Copa da Raíña”, dixo aos xornalistas.

Delgado destacou, por outra banda, as dificultades que opuxo o Poio Pescamar, un rival que nunca se rendeu e iso dálle máis mérito á vitoria polo esforzo que houbo que realizar durante os 40 minutos para levantar a Copa da Raíña”, comentou.

COSSÍO: “NON CONCRETAMOS AS OCASIÓNS, PERO AS XOGADORAS ESTIVERON TITÁNICAS”

O adestrador do Poio Pescamar de Pontevedra, Manuel López Cossío, que por vez primeira xogou unha final da Copa da Raíña, felicitou ás súas xogadoras “polo traballo titánico” que realizaron “tanto na semifinal como na final”.

Cossío, no entanto, lamentou que “non se concretasen as ocasións e ao final o equipo terminou subcampeón”.

ELENA ARAGÓN: “GAÑAR A COPA É UNHA SENSACIÓN INCRIBLE”

Pola súa banda, unha das grandes protagonistas do encontro, Elena Aragón, que deu a vitoria ao cadro burelao ao transformar un dobre penalti, salientou que, tras fallar un primeiro lanzamento, “véñeche á cabeza as imaxes do erro anterior e pensalo, pero á fin hai que tentar metelo e por sorte entrou e foi o gol do triunfo”. A futbolista remarcou que a sensación de levantar a Copa da Raíña é “incrible e inimaxinable” e dedicou o tanto ao seu avó, recentemente falecido.

CARIDAD: “TEMOS QUE ESTAR ORGULLOSAS PORQUE DEMOS MOITA GUERRA”

Por outra banda, a xogadora máis valiosa do partido, a porteira do Poio, Caridad, dedicou o trofeo “ás miñas compañeiras, posto que fixemos o partido que fixemos grazas ao esforzo de todas”. Así, sinalou que o resultado de 1-0 é “unha mágoa”, pero subliñou que “temos que estar moi orgullosas de que lles demos moita guerra”.

RUBIALES: “O BURELA XA NOS TEN AFEITOS A SER UN GRAN CAMPIÓN”

O presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, declarou trala final que “foi incrible. Calquera dos dous equipos fose un digno campión, tanto o Poio Pescamar como o Burela, que xa nos ten afeitos ser un gran campión, segue conquerindo títulos. Foi un partido moi emocionante, no que non podías nin pestañear. Estou moi contento co nivel do fútbol sala feminino español, o mellor do continente”, salientou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...