Jane volve como reforzo invernal de luxo ao Burela FSF, nominado entre os dez mellores equipos do mundo

A á-peche formou parte do equipo que conquistou a Supercopa de España de 2019, título ao que contribuíu cun triplete, e o campionato de Liga 2019/20

Jane conduce a pelota perseguida por Anita Luján nun partido contra o Futsi. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF confirmou este martes a fichaxe da internacional brasileira Jane Marques, que regresa ao equipo como reforzo invernal para o que resta de tempada.

A xogadora, que exerce de á-peche, formou parte do equipo que conquistou a Supercopa de España de 2019, título ao que contribuíu cun triplete, e o campionato de Liga 2019/20.

Marques considera que o Burela ten capacidade para “loitar por conseguir todos os títulos” que disputa e desexou facer “unha excelente tempada”.

Julio Delgado e máis Lucas sumarán unha xogadora de calidade á rotación, debilitada despois das lesións de longa duración de Jenny Santos e Cely Gayardo.

O SÁBADO, SUPERCOPA

A brasileira incorpórase ao equipo nunha semana marcada en vermello para o Pescados Rubén Burela FS, xa que se xogará a Supercopa de España contra o Poio Pescamar FS o sábado en Vista Alegre.

ENTRE A ELITE MUNDIAL

Un ano máis o portal Futsalplanet celebrará unha nova edición dos Premios Futsalplanet. A 21a edición suma por primeira vez na súa historia a categoría de Mellor Club Feminino do Mundo. Dez foron os equipos nomeados, atopándose entre eles Pescados Rubén Burela FSF.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here