Novo recoñecemento á canteira do Burela FS coa convocatoria de Jorge Quelle coa selección española

O futbolista xuvenil do Pescados Rubén participará na concentración dos combinados estatais Sub-19 e Sub-18 que terá lugar en Las Rozas entre o 17 e o 20 de xaneiro

Quelle tenta conservar o balón ante a presión de tres futbolistas do Parrulo. PRBFS

O Pescados Rubén Burela FS obtivo un novo recoñecemento ao seu traballo de canteira coa convocatoria coa selección española do xuvenil Jorge Quelle, quen recibiu esta mañá o chamamento do combinado estatal para a concentración de Sub-19 e Sub-18 que terá lugar en Las Rozas entre o 17 e o 20 de xaneiro.

Quelle, quen fora chamado xa para a selección española sub-17, é o cuarto internacional  -tras PiteroLuismi e Nito, campión de Europa sub-19– da base do equipo da Mariña Lucense.

KALUZA, FRONTE A PORTUGAL

Outro burelista que xa ten marcados na súa axenda compromisos de selección é o meta Míchal Kaluza, que preparará as maletas para a concentración de Polonia, entre o 24 de xaneiro e o 4 de febreiro. O porteiro laranxa defenderá o seu combinado en dous partidos fronte ao equipo luso, o 29 de xaneiro (20.15 horas, Mafra) e o 3 de febreiro (16.00 horas, Lodz).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here