Cilene foi operada con éxito da súa rotura no tendón de Aquiles

A peche brasileira lesionouse no partido fronte ao Poio Pescamar que valeu ao Pescados Rubén Burela FSF o título da Supercopa

Cilene, trala operación. PRBFS

A peche do Pescados Rubén Burela FS Cilene Pereira Paranhos foi intervida con éxito esta tarde do tendón de Aquiles no hospital Polusa de Lugo. A cargo do traumatólogo Albert Grau, a internacional brasileira foi sometida á cirurxía da rotura sufrida o sábado pasado nos últimos segundos da Supercopa de España na que o equipo laranxa conquistou o triplete da tempada.

A 6 laranxa, que será dada de alta mañá se non hai cambios, comezará o proceso de recuperación en Burela baixo a supervisión do corpo médico do club mariñao. A baixa de Cilene será un importante revés para o cadro laranxa, dado o seu talento e clarividencia coa pelota.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here