Protocolo de illamento no Burela FSF tralo positivo dunha das xogadoras

O caso positivo, que se atopa sen síntomas, permanecerá en confinamento ata finais de semana, ao igual que os contactos directos

Partido da xornada 2 entre Pescados Rubén e Intersala Zaragoza. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF está inmerso no protocolo de illamento tras detectarse un caso positivo Covid-19 entre as súas xogadoras. Así o anunciou a entidade laranxa, que concretou que o xuíz de competición resolverá o devir da xornada 11, prevista para este sábado, coa visita das discípulas de Julio Delgado e máis Lucas á pista maña do Intersala Zaragoza.

O conxunto mariñao, sen adestramentos a semana pasada, realizou os test de antíxenos o xoves 14 e recibiu a confirmación dun positivo por PCR o venres 15, do cal o club informou tanto ao Servizo Galego de Saúde como á Real Federación Española de Fútbol.

Despois de cumprir o protocolo marcado polo corpo médico e tras superar os test pertinentes, parte do grupo poderá recuperar os adestramentos hoxe mesmo. O caso positivo, que se atopa sen síntomas, permanecerá en confinamento ata finais de semana, igual que o grupo de contactos directos dentro do equipo.

JENNY, INTERVIDA CON ÉXITO DO LIGAMENTO CRUZADO ANTERIOR, PERDERÁ A TEMPADA

A á portuguesa do Pescados Rubén, Jenny Santos, foi intervida con éxito da rotura de ligamento cruzado anterior, na clínica Fremap de Majadahonda, a cargo do traumatólogo José Luis de Gregorio Jabato.

Jenny, trala operación. PRBFS

A internacional lusa, que sufriu a lesión a finais de novembro durante un adestramento, será dada de alta hoxe para poder empezar a pensar xa no seu proceso de recuperación en Burela, supervisada polos profesionais médicos da entidade mariñá, e no seu regreso para a próxima tempada.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here