Aprazado o Intersala-Burela FSF tras un positivo e o illamento de varias xogadoras do cadro laranxa

Será a segunda semana consecutiva sen competir do Pescados Rubén, despois de que se adiase o encontro fronte ao Alcorcón polo temporal de neve

Xogadoras do Burela FSF celebran un gol ante o Intersala. PRBFS

O Pescados Rubén Burela FS non viaxará a Zaragoza para disputar a xornada 11 de Primeira Feminina este sábado. Así foi resolto hoxe o aprazamento polo xuíz de competición da RFEF, debido ao confinamento de parte do equipo da Mariña -catro futbolistas consideradas contactos estreitos- tras detectarse a finais da semana pasada un caso positivo Covid-19 entre as súas xogadoras.

Esta será a segunda semana consecutiva para o Pescados Rubén Burela FSF sen competición. A xornada pasada, coincidindo co inicio da segunda volta, foi aprazada por petición do Alcorcón FSF debido ás consecuencias do temporal de neve Filomena.

Despois de cumprir o protocolo marcado polo corpo médico e tras superar os test pertinentes, parte do grupo do Pescados Rubén está adestrando dende onte. A xogadora que deu positivo, que se atopa sen síntomas, permanecerá en illamento ata finais de semana, igual que o grupo de contactos directos dentro do equipo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here