A xogadora do Burela FSF Cely, operada con éxito da súa lesión de xeonllo

A futbolista brasileira do Pescados Rubén pasou polo quirófano para un transplante de aloenxerto meniscal externo con prato tibial na súa perna esquerda

Cely, tras ser operada. PRBFS

A xogadora do Pescados Rubén Burela FSF Cely Gayardo foi operada do seu xeonllo esquerdo na mañá deste martes, por unha artrose uncompartimental externa. A futbolista brasileira pasou polo quirófano para un transplante de aloenxerto meniscal externo con prato tibial e xa pode comezar a pensar na súa recuperación.

Tras a operación realizada polo traumatólogo Francisco Forriol, a á brasileira aínda permanecerá uns días no hospital Nuestra Señora del Rosario de Madrid. Unha vez recibida a alta na clínica madrileña, Cely continuará co proceso de recuperación en Burela, supervisada polos profesionais médicos da entidade laranxa. A baixa da 23 é un serio contratempo para o conxunto laranxa, pois a súa incorporación foi unha das grandes novas do pasado verán.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here