InicioDeportesO Burela FS perdoa ao Córdoba e encaixa o gol do empate...

O Burela FS perdoa ao Córdoba e encaixa o gol do empate a dous minutos para o final

Con 2-1 a favor, Pazos e Matamoros tiveron a sentenza do encontro, entre dous rivais directos pola permanencia, xusto antes de que os visitantes igualaran o marcador

Publicada o

- Advertisement -

Pescados Rubén Burela FS e o Córdoba Patrimonio de la Humanidad asinaron táboas no partido aprazado da xornada 19 en Primeira División, un encontro fundamental entre dous equipos implicados na pelexa pola permanencia (2-2). O empate deixou un sabor amargo nas filas locais, pois os discípulos de Sito Rivera tiveron ocasións para gañar o choque e encaixaron o segundo tanto visitante a dous minutos para o final.

PITERO ADIANTOU AO PESCADOS RUBÉN E O CÓRDOBA RESPONDEU AXIÑA

Pablo del Moral topouse con Edu, que despexou a saque de esquina, na primeira ocasión do Córdoba. O xogador mostoleño tivo o 0-1 noutra boa oportunidade tras recibir inesperadamente de Zequi. Os locais tamén se achegaron á portería do cadro andaluz, respondendo Prieto ante Iago Míguez.

Traspasados os dez primeiros minutos de partido, os da Mariña lograron adiantarse no marcador. O canteirán Pitero resolveu unha boa xogada colectiva. No entanto, a réplica do equipo cordobés foi inmediata posto que, aos 27 segundos do tanto local, o conxunto branquiverde restableceu o empate inicial ao marcador cun potente disparo de Jesulito á tras unha acción individual.

UNHA CONTRA DO CADRO LARANXA VALEU O 2-1 ANTES DO DESCANSO

No treito final da primeira metade, o Burela FS aproveitou unha recuperación para fiar un contragolpe con Matamoros, Álex Diz e Iago Míguez, que apareceu no segundo pau para anotar o 2-1. Antes do descanso, Shimizhu perdoou o empate a dous ao estrelar o balón na madeira.

Á volta dos vestiarios, o propio internacional con Xapón e David Pazos tiveron as primeiras ocasións por cada bando. A piques de traspasar o trinta de partido, Pitero volveu rozar o gol para o Burela FS, pero sen fortuna nos metros finais.

O Burela estaba cómodo coa vantaxe no luminoso e tivo conforme pasaban os minutos máis ocasións ca o seu rival, protagonizadas por David Pazos, moi activo, Iago Míguez -quen se topou con Lucas Perín-.

O GARDAMETA VISITANTE PRIETO, DECISIVO

Nos últimos compases do encontro, o Burela gozou de opcións para tombar ao seu rival. David Pazos a punto estivo de asinar o terceiro, pero o ex xogador do Ribera Navarra FS, no man a man con Prieto, definiu tan axustado que o disparo tocou no pau. Pouco despois, o gardameta do Córdoba apareceu para cunha dobre parada salvar ao seu equipo cando Matamoros desfrutaba dun claro un contra un.

Eran os peores minutos para os de Josan González, pero Zequi aproveitou un erro local para asinar no minuto 38 o definitivo 2-2.

FICHA TÉCNICA

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, David Pazos, Álex Diz, Quintela; cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Iago Míguez, Javi Rodríguez, Giasson, Pitero, Lucho.

Córdoba Patrimonio de la Humanidad FS: Prieto, Boyos, Jesús Rodríguez, Saura, Caio, cinco inicial; tamén xogaron Pablo del Moral, Jesulito, Zequi, Shimizu, Perín, Ricardo, Manu Leal, M. Cordero.

Goles: 1-0, minuto 10, Pitero; 1-1, minuto 10, Jesulito; 2-1, minuto 15, Iago Míguez; 2-2, minuto 38, Zequi.

Árbitros: Gallo Suárez // Hevia Campa (Asturias). Por Burela amarela para Iago Míguez (minuto 37).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 (aprazada) de Primeira División Masculina disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...