InicioDeportesNova merecida homenaxe ao Pescados Rubén tras proclamarse campión da Copa Galicia

Nova merecida homenaxe ao Pescados Rubén tras proclamarse campión da Copa Galicia

O rexedor, Alfredo Llano, di que é unha "honra" o que está facendo este equipo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela homenaxeará ao Pescados Rubén Burela tras proclamarse campión da Copa Galicia o pasado sábado.

“Queremos que o noso equipo de fútbol sala feminino, que tantos éxitos está a conseguir, asine no libro de honra do Concello de Burela. Dese xeito renderémoslles homenaxe”, dixo o alcalde, Alfredo Llano. “É tal a importancia do que están a lograr tanto no ámbito deportivo como nos valores que están a transmitir, que consideramos que a mellor maneira de recoñecelo é con ese acto de sinatura, cuxa data está por determinar”, engadiu nun comunicado.

Alfredo Llano e a concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben, acompañaron ao equipo o pasado sábado en Narón, data na que se enfrontaron ao Ourense Envialia na final da XIV Copa Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...