InicioDeportesO segundo Xove Costa Trail celebrarase entre os días 21 e 22...

O segundo Xove Costa Trail celebrarase entre os días 21 e 22 de agosto

As carreiras de Trail percorrerán a Senda Costeira de Xove mentres que os nenos e nenas poderán participar na Andaina e Carreiras.

Publicada o

- Advertisement -

O Xove Costa Trail 2021 celebrarase durante a última fin de semana de agosto e contará con percorridos para menores e adultos. Esta nova edición presentouse o pasado venres día 13 de agosto coa presenza do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias e a organización do evento deportivo.

Haberá dúas probas trail, unha de 25 km e outra de 15 km, que transcorrerán maioritariamente pola Senda Costeira de Xove. Pola súa parte, a Andaina tamén seguirá a mesma ruta pola costa do concello.

A Andaina sairá da praia de Esteiro, Xuances, e chegará á praia de Morás, na parroquia do mesmo nome. O percorrido total para esta proba será de 15 km.

As carreiras para adultos están divididas en dúas probas, unha de 25 quilómetros e outra de 15 quilómetros. A primeira sairá da praia de Portonovo e a segunda sairá de Punta Mansa. Ambas terán como punto de chegada o Centro Cívico de Xove.

CARREIRAS PARA NENOS E ENTREGA DE PREMIOS

As carreiras para nenos e nenas percorrerán o espazo entre o cabo e a praia de Morás. Os maiores percorrerán unha distancia de 1.500 metros e os máis pequenos terán unha distancia de 700 metros.

A entrega de Trofeos terá lugar na Praza do Concello de Xove sobre as dúas da tarde.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...