InicioDeportesVolve o Rally da Mariña que pasará por Muras, Ourol, Cervo, Xove,...

Volve o Rally da Mariña que pasará por Muras, Ourol, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo

Hai inscritos 69 participantes, entre os que destacan nomes como o Víctor Senra e Jorge Pérez - actuais primeiro e segundo clasificados no Campionato de Galicia de Rally -.

Publicada o

- Advertisement -

Volve o Rally da Mariña. A súa terceira edición foi presentada este luns polo deputado provinciala de Deportes, Efrén Castro, e constará de cinco treitos cronometrados. A carreira arrancará o venres coas primeiras pasadas dos dous primeiros  treitos, en Muras e entre o Viveiró (Muras) e Xerdiz (Ourol).

A competición retomarase o sábado pola maña, coa segunda pasada dos dous  primeiros treitos, e continuará ao longo da xornada cos treitos do  Vicedo, a triple pasada, Cervo (saída diante da fábrica de Sargadelos) e Xove (saída a carón da Praza do Concello), a dobre pasada. En total, os pilotos percorrerán 124 quilómetros cronometrados polas estradas da comarca. O parque de control estará situado en Lavandeiras, en Celeiro, e o de
reagrupamento en Covas.

Na presentación do evento, a que asistiron representantes institucionais de todos os concellos polos que pasa a proba, o deputado de Deportes Efrén Castro sinalou que “a disputa desta terceira edición supón un paso adiante na consolidación do Rally da Mariñ”. “É unha proba pola que apostamos desde o inicio da lexislatura desde a Vicepresidencia da
Deputación pensando en cubrir un oco que ata daquela estaba baleiro pese a gran afección ao motor que hai tamén nesta zona da Mariña”, dixo.

Os afeccionados e afeccionadas que queiran acceder aos tramos cronometrados para seguir a carreira terán que rexistrarse previamente na web do rallrallyemarina.wordpress.com), unha medida adoptada para facilitar un control  efectivo do evento por parte da organización e das autoridades sanitarias fronte a Covid 19.

O presidente da Escudería MixRallyeSports e director de carreira, Ignacio Davila, confirmou a inscrición de  69 participantes, entre os que destacan nomes como o Víctor Senra e Jorge Pérez – actuais primeiro e segundo clasificados no Campionato de Galicia de Rally -, ou Iago Caamaño e Alberto Mera, que tamén optan ao podio galego. Na grella de saída, estarán tamén sete pilotos da Mariña.

O Rally da Mariña é a cuarta proba do Campionato Galego de Rally, o segundo en disputarse en Lugo tras a Subida a Chantada. O vindeiro será o Rally San Froilán. A carreira conta cunha achega de 24.000 euros da Vicepresidencia da Deputación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...