O Burela FS acumula 11 partidos invicto tras rabuñar un punto en Talavera

O equipo laranxa comparte o liderado da Segunda División co Betis, ambos con 25 puntos

Renato anotou os dous goles do Burela FS en Talavera. AXM

O Pescados Rubén Burela FS rabuñou un punto da pista do Soliss Talavera (2-2) e comparte o liderado da Segunda División co Betis, ambos igualados a 25 puntos.

O cadro que adestra Juanma Marrube mantense como único equipo invicto da competición e acumula 11 xornadas sen coñecer a derrota.

O Burela FS encaixou axiña o 1-0, no minuto 3. Jesús Jiménez aproveitou unha xogada a balón parado para poñer por diante aos locais. Juanfran e Matamoros tiveron o empate antes do descanso, pero o Talavera conservou a vantaxe.

No inicio do segundo acto, o Pescados Rubén xogou os seus mellores minutos para darlle a volta ao marcador con dous tantos de Renato.

Nos últimos quince minutos, o Burela FS padeceu para manter a súa renta e encaixou o empate no minuto 36, asinado por Sergio nunha xogada de ataque posicional.

COPA GALICIA

O cadro laranxa medirase o martes ao UV Ventorrillo FS (20.45 horas), de Segunda B, en oitavos de Copa Galicia.

VINDEIRA XORNADA

O primeiro de decembro, sábado, o equipo burelés recibirá ao Córdoba (18.30, Vista Alegre).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here