InicioDeportesO Mondoñedo C.F. convida á veciñanza e visitantes ao Derbi do Fiouco...

O Mondoñedo C.F. convida á veciñanza e visitantes ao Derbi do Fiouco este domingo

O Campo do Viñas da Veiga da cidade episcopal acolle este domingo a partir das 5 da tarde, o partido entre o Mondoñedo F.C. e o Abadín.

Publicada o

- Advertisement -

A directiva do Mondoñedo F.C., emitiu un comunicado onde sinala que “xunto con todos os que formamos a gran familia deste equipo queremos convidar a veciños da contorna e visitantes a asistir ao noso derbi do Fiouco este domingo”, avanza Manolo Barreira presidente deste club mariñán.

Ademais este domingo día 13 de marzo, tamén celebramos o Día das Asociacións, “polo tanto tódolos asistentes que sexan membros dalgunha das asociacións de Mondoñedo teñen a entrada gratuíta ao campo de Viñas de Veiga”, relata Barreira. Nesta xornada celebramos o primeiro partido da fase de descenso, e comezará ás 5 da tarde.

Durante este encontro tamén se sorteará entre tódolos asistentes unha cesta de verduras de Mondoñedo, doada por Hortas de Galicia. “Así que ninguén pode quedar na casa o domingo, queremos que o Viñas da Veiga sexa un campo cheo de bandeiras, cánticos e sobre todo de deportividade”.

O derbi do Fiouco é xa un clásico no calendario futbolístico da nosa Comarca, os xogadores de Julio Cesar Castro van dalo todo no campo de fútbol para comezar con bo pé este fase de descenso contra Abadín. Por iso esperamos vervos a todos no Viñas de Veiga. Sempre Mondoñedo F.C.”, dixo Barreira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...