APAGA impartirá un curso de diagnose para vehículos o 7 e 8 de maio en Ribadeo

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, sinala que “seguimos coa nosa programación formativa esta fin de semana cun curso de 16 horas de duración, que será impartido o sábado e o domingo, e para o que se ofertaron un total de 10 prazas”.


A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia impartirá un curso de diagnose de vehículos os días 7 e 8 de maio. Será nas súas instalacións de Ribadeo.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, sinala que “seguimos coa nosa programación formativa esta fin de semana cun curso de 16 horas de duración, que será impartido o sábado e o domingo, e para o que se ofertaron un total de 10 prazas”. Doural considera que “estamos ante unha profesión de futuro.  É un curso moi importante, que está dirixido a técnicos de talleres, a alumnado de FP e a amantes da materia”. O curso de diagnose de vehículos será impartido por Jesús Sánchez de Toca Treviño, profesor do CIFP Ferrolterra, da cidade departamental.
E engade que “os asistentes abordarán cuestións prácticas en vehículos como a diagnose con volteamperímetro ou con osciloscopio”. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte correo electrónico apagaribadeo@gmail.com ou chamando aos teléfonos 639 88 49 45 ó 629 09 67 11.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here