Adrián Ben, bronce por equipos no Europeo sub-23 de cross

A selección española, que integraba o corredor viveirense, quedou en terceira praza por detrás de Francia e Gran Bretaña

Adrián Ben, en Berlín. SPORT MEDIA

O atleta viveirense Adrián Ben acadou a medalla de bronce por equipos no Europeo sub-23 de cross celebrado en Tilburg, Holanda.

A selección española sumou 42 puntos e quedou en terceiro lugar, por detrás de Gran Bretaña, que obtivo 30, e da campioa, Francia, que quitou 11.

Jimmy Gressier foi o campión da proba, cubrindo os 8,3 quilómetros de percorrido en 23 minutos e 37 segundos. O tamén francés Hugo Hay acadou o terceiro posto, e ambos lideraron a Francia ao título.

Ben rematou a proba en 24 minutos e 12 segundos, na décima praza. Foi o segundo mellor corredor do combinado español, por detrás de Tariku Novales, que chegou 28 segundos despois de Gressier.

Aim Houkmi, o terceiro integrante da selección española, fixo un tempo de 24:43, que lle valeu a vixésimo sexta praza.

Podes ver a carreira completa neste enlace de Teledeporte.

ANO PARA LEMBRAR

O corredor viveirense acaba así un curso espléndido, cun bronce no Campionato de España dos 1.500 metros lisos e unha participación no Campionato de Europa absoluto de Berlín, nesa mesma proba.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here