Alcoa amplía ata o 15 de xaneiro a negociación do ERE da Coruña e Avilés

A multinacional e os sindicatos acordan prolongar o período de consultas

Obreiros de Alcoa A Coruña, á entrada do hotel onde se desenvolveron as negociacións. REBELIÓN ALUMINIO

A dirección da multinacional do aluminio Alcoa e os sindicatos acordaron ampliar 15 días o prazo de negociación do ERE de extinción que presentou para as fábricas de Avilés e A Coruña.

O acordo supón un alivio para os preto de 700 empregados que traballan nas dúas fábricas, dado que este xoves remataba o período de consultas do ERE extintivo, polo que a multinacional podería comezar cos despedimentos.

Nos seguintes quince días, os traballadores tentarán “que Alcoa desista da súa intención de pechar as fábricas”, mentres que a multinacional afirma que polo de agora non apareceron compradores para as factorías ameazadas de clausura.

DEZ HORAS DE NEGOCIACIÓNS

O persoal de Alcoa e Avilés tentou participar como puido -con actos reivindicativos- dunhas negociacións que duraron máis de dez horas.

Un grupo de traballadores da Coruña trasladouse este xoves a Madrid para respaldar aos seus compañeiros. Así, protestaron contra o peche e queimaron pneumáticos diante do hotel onde se celebrou a xuntanza.

Na factoría de Avilés, os fillos dos obreiros disfrazáronse de Reis Magos para repartir caramelos e agasallos á porta da fábrica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here